Quen somos?

A Plataforma Sarria Libre de Touradas pretende aglutinar a colectivos e persoas con sensibilidade ante a barbarie que supón a tortura que representan as corridas de touros. Unha barbarie que dista moito de representarnos culturalmente e que segue a darse en Sarria financiada con diñeiro público, para maior escándalo.

A través desta Plataforma queremos amosar o noso rexeitamento á celebración das touradas na nosa vila e esixirlle ao goberno municipal a retirada de calquera tipo de subvención, colaboración ou patrocinio con esta actividade.

Se compartes isto, este é o teu espazo!